A alcaldesa, Lara Méndez, entregou a máxima distinción da cidade acompañada de representantes “do Lugo máis diversos e plural”, en sinal de gratitude de toda a sociedade.

A Cidade de Lugo entregou esta mañá a máxima distinción do Concello, as Medallas de Ouro, aos sectores esenciais e presenciais que estiveron en primeira liña durante o primeiro Estado de Alarma da pandemia. Nesta ocasión, entregáronse os galardóns do 2020 e do 2021 xa que os do ano pasado quedaron pospostos pola situación sanitaria. Os galardóns deste anos fixéronse extensivos ao persoal municipal que estivo a carón da veciñanza.
A Alcaldesa, Lara Méndez, destacou no seu discurso que “estes cidadáns estarán sempre nos nosos corazóns, cidadáns que, con valentía e cun impulso que superou incluso o que deles se esperaba, se levantaban cada mañá, vencendo os seus propios medos, e saían das súas casas a traballar para ser os nosos salvadores, os nosos coidadores, os nosos protectores, os nosos provedores, ás veces, o noso consolo, converténdose nun fío de unión que nos mantiña en contacto cun mundo exterior que, durante os días infinitos que durou a reclusión nas nosas casas, en nada se parecía a como o entendíamos ata ese momento”.
A rexedora sostivo que este ano “queríamos que a entrega das Medallas deste ano foxe especial, polo que entregan tamén os recoñecementos unha representación diversa e plural da sociedade lucense, máis anónima, pero na que todos nos podemos ver reflectidos, en sinal de gratitude de toda a sociedade”.
Así mesmo, lembrou que “foi un tempo de resistencia, que nos obrigou a unha continuada adaptación a medida que coñecíamos máis ao inimigo, e que puxo a proba a nosa capacidade de acción e de reacción, intentando responder sempre con eficacia, rapidez e proximidade institucional e humana ás esixencias da cidadanía”.
A entrega realizouse hoxe, día en que se conmemora a declaración da Muralla romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco, que celebra o seu 21 aniversario, e que é a xornada que se institucionalizou para este acto no 2018.
As Medalla entregáronse a:
Ano 2021
- Servizos Esenciais e Presenciais do Concello de Lugo, que recolleu en nome dos empregados municipais o órgano directivo do Concello, Manuel Vázquez Fernández, e entregou a Alcaldesa Lara Méndez
Ano 2020
- Servizos Farmacéuticos: recolleu o Presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, Alejandro Mª Sánchez Pérez-Mel, e entregou a cidadá Vanesa Rivas Vilar
- Sector Alimentario: recolleu o Vogal da Xunta Directiva e membro do Comité Executivo do Clúster Alimentario de Galicia, José Manuel Núñez Torre, e entregou Rosa Ángela Torres López
- Sector da Limpeza: recolleu un representante da Asoc. Provincial Empresarial de Limpeza de edificios e locais, Julio Rodríguez Lombardía, e entregou Laura González Sánchez
- Sector do Transporte: recolleu o Presidente da Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais, José Manuel Flores Castro, e entregou Ana Bereciartua Gasperini
- Sector de Atención Social: recolleu o Secretario do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Antonio Doval Canabal, e entregou Noé Gallego Nicolás
- Voluntarios de Protección Civil: recolleu. Enrique Camilo Fernández Fraga, e entregou Aziz el Morchid
- Bombeiros: recolleu o Sarxento de Bombeiros do Concello de Lugo, Miguel López Palacios, entregou a nena Daniella Sanfiz Rodríguez
- Policía Local: recolleu o Xefe da Policía Local, D. Jesús Piñeiro Santo, e entregou a moza Telma Castelo
- Policía Autonómica: recolleu o Xefe Provincial Policía Autonómica, Javier García Amigo, e entregou Angélica Gómez Fernández
- Policía Nacional: recolleu o Comisario Príncipal Xefe Provincial da Policía Nacional, José Mª Esteban Corral, e entregou Francisco Javier González Gil
- Garda Civil: recolleu o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Miguel Ángel González Arias, e entregou o mozo Marco Somoza López
- Forzas Armadas: recolleu o Capitán de Navio do Corpo xeral da Armada, Fernando Brinquis Crespo, entregou o neno, Tomás Armesto Fernández
- Sector sanitario: recolleu a Supervisora de Hospitalización Covid del HULA, Ana Isabel Hernández González: Rafael Monte, director asistencial, e Angela Pérez Vázquez, do equipo vacinación, e entregou a rexedora Lara Méndez
Entre os asistentes, estiveron o delegado do Goberno, José Miñones; o conselleiro de Sanidade, Julio García; o parlamentario Luis Álvarez; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; o delegado da Xunta, Javier Arias; o xefe da Policía Autonómica de Galicia, Jorge Rubal; o xerente do Sergas en Lugo, Ramón Ares; a vicerrectora do Campus, Montserrat Valcarcel, e a directora da UNED, Ana Traseira, así como concelleiros da Corporación de Lugo, e traballadores dos sectores galardoados.
Máis info
- Discurso das Medallas de Ouro 2020 - 2021, da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez | Descargar pdf