A carreira popular Lugo Monumental volve a ser un éxito

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente de ASPNAIS, José Reigosa, deron o pistoletazo de saída a esta proba que tivo un percorrido entre os 370 metros e 1,5 quilómetros para as categorías infantís e ao redor de 10 quilómetros para os adultos

Domingo, 11 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A carreira popular Lugo Monumental volveu ser este domingo un éxito total. A XIV edición desta proba deportiva organizada polo Concello e FeFeMe Triatlón, reuniu hoxe na cidade a máis de 1.200 deportistas dos 5 anos en diante, de distintos puntos do municipio, da provincia e da comunidade.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente de ASPNAIS, José Reigosa, deron o pistoletazo de saída á proba de adultos desta carreira, que tivo unha distancia duns 10 quilómetros. Os máis cativos e cativas percorreron entre os 370 metros e o 1,5 quilómetros.  Os membros de ASPNAIS, que ao longo deste 2016 conmemoraron o seu 50 aniversario, participaron realizando os últimos metros da proba, dende o fondo da Praza Maior ata o lateral do Concello.

Tras as carreiras, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente de ASPNAIS, José Reigosa, e representantes de El Progreso e Caixa Rural, patrocinadores da proba, fixeron entrega dos trofeos aos distintos gañadores e gañadoras das diversas categorías.

Multimedia

Noticias relacionadas