Carmen París actúa o sábado no Auditorio dentro do Festival Donas do Mundo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, lembra que esta fin de semana terá lugar o segundo dos concertos programados dentro da primeira edición do Festival Donas do Mundo organizado polo Concello de Lugo como recoñecemento as artistas musicais femininas que triunfan en diferentes xéneros.

Mércores, 18 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O primeiro concerto celebroue o domingo 8 de marzo coa actuación da portuguesa Marta Ren ás 19 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, con entrada de balde. Esta artista é unha das protagonistas no mundo musical portugués dende a década dos 90 que versiona clásicos do soul e do funk acompañada por unha banda de oito músicos de rhythm and blues.

Logo da actuación de Marta Ren que abriu este ciclo, tócalle turno agora a A aragonesa Carmen París que actuará este sábado, día 21 de marzo, ás 20.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire.

As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense comprar a través de entradaslugo.es, tamén na Oficina de turismo e no propio Auditorio o venres de 18 a 21 horas e o propio dia do concerto.

Carmen París irrumpiu no panorama musical no ano 2002 co seu primeiro album do que vendeu máis de 40.000 copias e levou varios premios de música ao mellor album de música tradicional.

No concerto deste sábado, a cantante vai presentar en Lugo o seu cuarto disco Ejazz con Jota no que por primeira vez a jota sona acompañada po unha Jazz Orchestra.

O Festival Donas do Mundo inclúe tamén a actuación de Aurora & The Betrayers o venres 10 de abril ás 21 horas no Auditorio Gustavo Freire e a entrada terá un prezo de 3 euros. Este grupo que se une no 2014 e presenta o seu primeiro traballo Shadowa go Away conseguiron sorprender a crítica e público cun traballo no uqe se reflicte a maxia da personalidade propia con influencias do rock máis clásico, ao pop ou folk norteamericano. Esta banda está catalogada como a proposta máis xenuina do panorama musica nacional e está avalado polo premio Pop-Eye 2014 na categoría de Mellor Banda de Música Negra.

Noticias relacionadas

Directorio