Benestar apoia a campaña de sensibilización de CONFEMAC que promove a solidariedade e comunicación interxeracional

Venres, 29 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar apoia a campaña de sensibilización de CONFEMAC que promove a solidariedade e comunicación interxeracional

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, apoia a campaña de sensibilización da Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC) para fomentar a comunicación interxeracional, coincidindo co Día Europeo da Solidariedade e a Cooperación entre xeracións, que se conmemora cada 29 de abril dende o ano 2009, grazas  a organizacións como a Plataforma  Europea de Persoas Maiores e o European Youth Forum.

Baixo o lema Todos aprendemos, Todos enseñamos, o obxectivo de celebrar este día xunto a CONFEMAC e o Ministerio de Dereitos Sociales e Axenda 2030 "é permitir a  inclusión e participación das persoas maiores para que brinden a súa contribución á sociedade actual e contribuír así a unha maior solidariedade interxeracional", tal e como destacou Olga López quen fixo fincapé en que as relacións interxeracionais son máis que a unión de persoas de distintas idades, xa que se trata dunha implicación real, na que as distitnas xeracións comparten, aprenden e ensinan, coa finalidade de xerar beneficio mutuo como cidadanía. Nas circunstancias actuais, necesítase máis que nunca a comunicación entre xeracións, que axuden a casar a experiencia co emprendemento para avanzar no futuro.

Esta celebración é a primeira de oito campañas, que ao abeiro do slogan ‘Personas mayores’, con los mesmos dereitos pon en marcha CONFEMAC xunto a concellos de todo o territorio nacional ata finais de ano para valorar os dereitos das persoas maiores.

Audio

  • A concelleira de Benestar Social, Olga López, sobre a Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC) | Descargar mp3

Multimedia

  • Benestar apoia a campaña de sensibilización de CONFEMAC que promove a solidariedade e comunicación interxeracional
  • Benestar apoia a campaña de sensibilización de CONFEMAC que promove a solidariedade e comunicación interxeracional

Noticias relacionadas