As axudas do Plan Urban permiten mellorar o aspecto das terrazas e negocios do centro histórico

Xoves, 04 de agosto de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, lembrou que o Concello de Lugo, a través dos fondos FEDER europeos que finanzan o 70% do Plan Urban está levando a cabo un programa de mellora da imaxe do comercio e da hostelería de Lugo.

Sonia Méndez informou que “en dous anos o Concello a través do Plan Urban concedeu un total de 119 axudas a pequenas empresas do centro histórico por un importe de 211.000 euros. Das que 28 foron para terrazas, cun importe de máis de 73.000 euros. “ Estas axudas, que poden solicitar todos os pequenos empresarios do casco histórico, unifican e melloran o aspecto das rúas máis transitadas polos visitantes,

A Concelleira tamén quixo felicitar “ao empresariado lucense polo esforzo económico que fai xa que ten que financiar o 50% e porque ademais están tendo moitos éxito este verán e os lucenses disfrutamos destas terrazas.”

Méndez explicou que “dende a oficina do Plan Urban e consesuado coa Asociación de Hosteleiros e os propios establecementos do centro histórico elixiuse a madeira como material idóneo para implantar nesta zona.” Trátase dun material ecolóxico, sustentable e resistente, sobre todo se conta cun bo tratamento asesorado en todo momento polo Centro de Investigación da madeira CIS Madeira.

A instalación de terrazas polos hosteleiros sen dúbida xenera máis ventas, e non só o local senón a todo o comercio do entorno porque se revitaliza a zona. Sen contar co interese para todos os cidadáns de poder disfrutar con comodidade do espacio público.

Valoración dos datos de desemprego

Por outra banda, Sonia Méndez, aproveitou para valorar positivamente os datos de desemprego “xa que no municipio de Lugo foron 350 persoas menos que no mes de xullo. Esto significa que dende que comezou a baixar o número de desempregados no mes de abril, hai 1492 lucenses máis con traballo”.

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos explicou que “o Concello de Lugo aínda que non ten competencias en políticas de emprego, que lle corresponden á Xunta, vai seguir traballando polas persoas desempregadas acudindo a fondos europeos para axudar ás empresas e crear programas de formación e de inserción laboral.” Sonia Méndez lembrou que a Xunta de Galicia é a que ten as competencias nesta materia pero ”en ningún momento fixo nada pola creación de emprego na cidade de Lugo, de feito, este ano é o primeiro no que non nos conceden ningúnha escola taller.”

Multimedia

Noticias relacionadas