- Tema

A concellería de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, informa de que, con motivo da finalización de diferentes traballos de poda no Polígono do Ceao, xa quedaronsinalizadasesta noite as correspondentes restricións de estacionamentonasrúas dos Artesáns e da Industriaco fin de permitir os labores de conservación e mantemento do arboredo urbanoque se levarán a cabo por parte desta área municipal mañá, sábado, 14 de xaneiro.
Así mesmo, o vindeiro domingo, día 15, se procederá ao corte dun carril de circulación en ambos os sentidos da Avenida Benigno Rivera entre as devanditas vías (rúa dos Artesáns e da Industria), concretamente do máis próximo á mediana onde se atopan os exemplares a podar.
O edil trasladou, alén, que as tarefasforon programadas durante a fin de semana para ocasionar as menores molestias posibles á cidadanía e non afectar á actividade do propio Parque Empresarial.