- Tema
Xoves, 08 de xuño de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleria, recibiu este xoves, no Salón de Plenos, a un grupo de alumnas francesas que se atopan de intercambio no Galén de Lugo. A edil invitounas a disfrutar da historia, das paisaxes e da gastronomía da nosa cidade.
Pola súa banda, Daniel Piñeiro foi o encargado de recepcionar no Concello a uns 50 nenos e nenas de tres cursos de primaria do CEIP das Gándaras, que sentiron curiosidade pola forma de proceder dos concelleiros e concelleiras á hora de traballar polos intereses da cidadanía lucense.