A Alcaldesa preside a toma de posesión do novo Secretario Xeral do Concello, Mourelle Cillero

Lara Méndez desexoulle os mellores dos éxitos no seu cometido, “sempre en beneficio do interese público e dos veciños e veciñas de Lugo”

Mércores, 17 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa preside a toma de posesión do novo Secretario Xeral do Concello, Mourelle  Cillero

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto de toma de posesión do novo Secretario Xeral do Concello de Lugo, José Mourelle Cillero. Cillero prometeu o cargo de Secretario Xeral no que substitúe a José Antonio Carro Asorey, que dende 2011 exercía este cargo na entidade local.

No acto, a Alcaldesa deulle a benvida ao Concello ao novo Secretario, do que destacou o seu dilatado currículum e experiencia na Administración Pública, e desexoulle os mellores dos éxitos no seu cometido, “sempre en beneficio do interese público e dos veciños e veciñas de Lugo”.

Mourelle Cillero é Doutor en Dereito, Licenciado en Ciencias Políticas e Máster en Administracións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en contratación administrativa e recursos humanos. Exercerá, ademais do posto municipal, o de Secretario Xeral adxunto da Deputación de Lugo.

Noticias relacionadas