A alcaldesa preside o acto de toma de posesión de 10 novos bombeiros interinos do Concello de Lugo

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o compromiso de incluír 2 prazas nas OPE de 2024, en previsión da xubilación de dous bombeiros neste exercicio.

Martes, 03 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa preside o acto de toma de posesión de 10 novos bombeiros interinos do Concello de Lugo

Dez novos bombeiros interinos tomaron posesión hoxe, sumándose ao equipo do Parque de Bombeiros local, despois de realizar o proceso de oposición libre.

A rexedora, acompañada da tenente de alcaldesa de Gobernanza, Paula Alvarellos, apuntou que, con estas novas incorporacións o Parque conta cun total de 54 bombeiros, anunciando que “nos vindeiros días, tomarán posesión 2 novos bombeiros en réxime de interinos, elevando o a 56 o número total”.  Alabou o esforzo realizado polo novos interinos e deulles a benvida a “un servizo moi querido pola sociedade lucense pola labor que desenvolvedes, e estamos seguros de que o voso traballo estará a altura das expectativas”, comentou.

Informou, ademais, que a Xunta de Goberno Local desta semana aprobará o compromiso de incluír 2 prazas nas OPE de 2024, en previsión da xubilación de dous bombeiros neste exercicio.

Noticias relacionadas