A Alcaldesa defende a importancia da agricultura para o Concello na celebración do patrón dos Enxeñeiros Agrónomos

Xoves, 19 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa defende a importancia da agricultura para o Concello na celebración do patrón dos Enxeñeiros Agrónomos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este xoves na Casa do Sabor á festividade do patrón dos Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, San Cidre, un acto no que tamén participou o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno, o Decano e a Secretaria do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Pedro Calaza e Alejandra Alvarez, respectivamente, o Director da Escola Politécnica, Tomás Cuesta, e a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López. Ao longo do acto tiveron lugar duas conferencias, sobre os retos e as oportunidades destas profesión, a cargo de Calaza, e sobre o lúpulo, a cargo de Juan Valladares, da C.I.A. Magegondo. Tamén se entegaron os diplomas aos recén titulados e os premios fin de carreira.

Durante o acto, a rexedora defendeu a importancia da agricultura para o Concello, que conta cunha superficie de máis de 300 quilómetros cadrados, con 54 parroquias no rural, ocupando este sector en Galicia a máis de 66.700 persoas, polo que “non podemos prescindir, nin suprimir, nin substituír o sector agrario”.

Lara Méndez tamén convidou aos recéns titulados a seguir formándose ao tempo que subliñou a evolución que sufriu esta profesión e este campo.

Noticias relacionadas