Aberta a inscrición do programa municipal Aprende Xogando, da área de Muller, para a conciliación laboral e familiar

O prazo de inscrición do programa Aprende Xogando inclúe tanto as vacacións de Nadal como o segundo trimestre do curso escolar 2022/2023.
 
Tanto as bases deste programa como a instancia poden descargarse a través da seguinte ligazón: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando.
 
As solicitudes para este servizo, efectuaranse a través do correo electrónico aprendexogando@lugo.gal

Venres, 02 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aberta a inscrición do programa municipal Aprende Xogando, da área de Muller, para a conciliación laboral e familiar

A inscrición do programa Aprende Xogando está aberta xa para as familias. Esta iniciativa está promovida pola Executivo de Lara Méndez desde a área de Muller e Igualdade para facilitar la conciliación familiar durante as mañás das vacacións de Nadal e para o 2º trimestre do curso escolar, correspondente ás tardes dos meses de xaneiro, febreiro e marzo. O prazo de solicitude finalizará o 7 de decembro
 
“Preparamos actividades divertidas para os máis pequenos, promovendo hábitos educativos axeitados nas nenas e nenos e fomentando a práctica do xogo en grupo, seguindo o modelo coeducativo do que xa se beneficiaron este verán máis de 500 nenos e nenas da cidade”, segundo sostivo a concelleira de Muller, Silvia Alonso.
 
Aprende Xogando está dirixido a nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 4 e os 12 anos. Poderán acceder ao programa menores con 3 anos que se atopen escolarizados e sempre que cumpran os 4 anos no período solicitado.
 
O programa levarase a cabo durante as vacacións escolares de Nadal en quendas de mañá, das 9:00 ás 14:00 horas, e para o 2º trimestre do curso escolar, correspondente nas tardes dos meses de xaneiro, febreiro e marzo, das 16:00 ás 20:30 horas nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Maruja Mallo e Milagrosa.
 
As solicitudes para este servizo efectuaranse a través do correo electrónico aprendexogando@lugo.gal achegando, con carácter obrigatorio, fotocopia do DNI da nai/pai ou da persoa que represente legalmente ao menor, que asine a solicitude; fotocopia cotexada do libro de familia ou documentos equivalentes, fotocopia da tarxeta sanitaria da nena/o e certificado médico ou informe de calquera dato médico de relevancia para a prestación do servizo.
 
No caso de que o número de solicitudes presentadas fose superior ao das prazas ofertadas, aplicaranse as seguintes prioridades: fillas/os de mulleres víctimas de violencia de xénero, de familias monomarentais ou monoparentais, de nais/pais con persoas dependentes ao seu cargo e nais/pais que traballen ou estean a formarse.
 
Tanto as bases deste programa como a instancia poden descargarse a través da seguinte ligazón: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando.

Noticias relacionadas