Subvención para entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos en situación de desvantaxe e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades

Código: 
909
Presentación: 
Presencial
Descarga

DOCUMENTACIÓN XERAL:

  • Solicitude ANEXO I.
  • Fotocopia do CIF.
  • Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante e documento acreditativo da representación que ostenta na asociación, fundación ou noutras entidades sen ánimo de lucro.
  • Copia dos estatutos na cal deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no Rexistro público de asociacións  ou no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia ou estatal ou en ambos os dous, de selo caso.
  • Se a entidade é de índole relixiosa, deberá achegar acreditación de estar inscrita no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que a acredite como tal.
  • Certificación bancaria na que figure o número de conta da entidade solicitante.

 DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA:

  • ANEXO II memoria do programa ou actividades para o que solicita subvención. 
  • ANEXO III, declaración responsable no modelo normalizado. 
  • Certificación da secretaría da entidade, na que conste a existencia ou departamento de muller e igualdade, ser o caso.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Do 31/03/2025 ó 22/04/2025 ambos os dous engadidos. 

+ info

Solicitude 909 - Subvención para entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro