As escolas infantís municipais de Lugo iniciarán o curso 2026-2027 o vindeiro 2 de setembro

Luns, 31 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Escolas Infantís Municipais Serra de Outes, Gregorio Sanz, María Wonenburger e Luis Soto Menor darán comezo ao curso 2026-2027 o vindeiro 2 de setembro.
 
Con motivo do inicio do novo curso, ese mesmo día, ás 19:00 horas, terá lugar unha xuntanza coas familias en cada unha das escolas, á que están convocados os pais e nais dos nenos e nenas matriculados nos respectivos centros.
 
Estas reunións permitirán ás familias coñecer de primeira man os aspectos organizativos e o funcionamento das escolas de cara ao novo curso.

Noticias relacionadas