Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As escolas infantís municipais de Lugo iniciarán o curso 2026-2027 o vindeiro 2 de setembro

As escolas infantís municipais de Lugo iniciarán o curso 2026-2027 o vindeiro 2 de setembro

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Luns, 31 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Escolas Infantís Municipais Serra de Outes, Gregorio Sanz, María Wonenburger e Luis Soto Menor darán comezo ao curso 2026-2027 o vindeiro 2 de setembro.
 
Con motivo do inicio do novo curso, ese mesmo día, ás 19:00 horas, terá lugar unha xuntanza coas familias en cada unha das escolas, á que están convocados os pais e nais dos nenos e nenas matriculados nos respectivos centros.
 
Estas reunións permitirán ás familias coñecer de primeira man os aspectos organizativos e o funcionamento das escolas de cara ao novo curso.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/escolas-infantis-municipais-de-lugo-iniciaran-o-curso-2026-2027-o-vindeiro-2-de-setembro