A alcaldesa facía estas declaracións na inauguración por parte o Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, da exposición dos 40 anos da integración de Galicia

A alcaldesa, Elena Candia, deu a benvida ao conselleiro de Facenda e Administración Pública que inaugurou unha exposición con paneis informativos con imaxes e información sobre “a transformación económica, social e territorial de Galicia desde a súa incorporación á Unión Europea en 1986.
Elena Candia destacou a importancia de que os fondos europeos se executen “con sentido común, pensando sempre en que repercutan positivamente na cidade e que non se convertan nunha hipoteca para o futuro”. Neste sentido salientou a necesidade de aproveitar os recursos europeos para impulsar proxectos que respondan ás necesidades reais de Lugo e que deixen un retorno positivo e duradeiro para a cidadanía.
A mostra que hoxe se inagura percorrerá outras cidades galegas e poderá verse diante da Casa do Concello ata o vindeiro día 4 de setembro.
Ao longo dos seus paneis, a exposición aborda tamén o significado da integración europea máis alá do financiamento, destacando valores como a cooperación institucional, a planificación a medio prazo, a solidariedade e a cohesión.
A iniciativa ofrece unha visión divulgativa e accesible destes 40 anos de transformación e permite tamén reflexionar sobre os retos e oportunidades de futuro para unha Galicia plenamente integrada no proxecto europeo.


