Ao longo desta semana levouse a cabo a limpeza e o desbroce do recinto, así como a rehabilitación e posta en funcionamento dos vestiarios e aseos

O Concello de Lugo realizou esta semana as obras de acondicionamento do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila", dando resposta ás necesidades trasladadas polos clubs lucenses de béisbol e sóftbol que desenvolven a súa actividade neste espazo deportivo.
Os traballos, impulsados pola área de Deportes tras as reunións mantidas recentemente cos clubs usuarios, permitirán acometer unha primeira fase de melloras destinada a dignificar estas instalacións e ofrecer mellores condicións para a práctica deportiva.
As intervencións que se fixeron foron:
- A limpeza integral e o desbroce de todo o recinto e dos seus accesos.
- A rehabilitación e posta en funcionamento dos vestiarios e dos aseos existentes, dotando o campo dos servizos básicos necesarios para o seu uso.
Estas actuacións responden ao compromiso adquirido polo Goberno municipal de mellorar as instalacións deportivas da cidade e atender as demandas trasladadas polos clubs usuarios deste campo."Comprometémonos a dignificar o campo de béisbol do Ceao e é o que estamos facendo en canto tivemos a oportunidade de xestionar as instalacións deportivas da cidade. En Lugo temos a sorte de contar con clubs nos que se pode practicar todo tipo de deportes e, por iso, tamén as disciplinas minoritarias deben contar co apoio real e efectivo do Concello".
Audio
- Damian Carballo, sobre as obras de mellora do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila" | Descargar mp3

