Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello realizou obras de mellora do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila"

O Concello realizou obras de mellora do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila"

Ao longo desta semana levouse a cabo a limpeza e o desbroce do recinto, así como a rehabilitación e posta en funcionamento dos vestiarios e aseos

  • Tema
    • Instalacións deportivas
Venres, 10 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello realizou obras de mellora do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila"

O Concello de Lugo realizou esta semana  as obras de acondicionamento do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila", dando resposta ás necesidades trasladadas polos clubs lucenses de béisbol e sóftbol que desenvolven a súa actividade neste espazo deportivo.

Os traballos, impulsados pola área de Deportes tras as reunións mantidas recentemente cos clubs usuarios, permitirán acometer unha primeira fase de melloras destinada a dignificar estas instalacións e ofrecer mellores condicións para a práctica deportiva.

As intervencións que se fixeron foron:

  • A limpeza integral e o desbroce de todo o recinto e dos seus accesos.
  • A rehabilitación e posta en funcionamento dos vestiarios e dos aseos existentes, dotando o campo dos servizos básicos necesarios para o seu uso.

Estas actuacións responden ao compromiso adquirido polo Goberno municipal de mellorar as instalacións deportivas da cidade e atender as demandas trasladadas polos clubs usuarios deste campo."Comprometémonos a dignificar o campo de béisbol do Ceao e é o que estamos facendo en canto tivemos a oportunidade de xestionar as instalacións deportivas da cidade. En Lugo temos a sorte de contar con clubs nos que se pode practicar todo tipo de deportes e, por iso, tamén as disciplinas minoritarias deben contar co apoio real e efectivo do Concello".

Audio

  • Damian Carballo, sobre as obras de mellora do campo municipal de béisbol do Ceao "Germán López Vila" | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-realizou-obras-de-mellora-do-campo-municipal-de-beisbol-do-ceao-german-lopez-vila

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/corte_damian_carballo.ogg