O Concello elimina o socavón de grandes dimensións na rúa dos Carros que levaba dende 2023 cortando parte da calzada desta vía do CEAO

Venres, 29 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello elimina o socavón de grandes dimensións na rúa dos Carros que levaba dende 2023 cortando parte da calzada desta vía do CEAO

Con esta actuación se mellora a seguridade e a mobilidade neste punto e se dá resposta ás reiteradas peticións trasladadas por empresarios e usuarios desta zona industrial, que levaban 4 anos advertindo das molestias e riscos que ocasionaba o mal estado da vía.

Esta intervención “é un exemplo de que cando existe coordinación entre as distintas áreas municipais e vontade de resolver os problemas, as solucións chegan” destacando que cuestións básicas como esta non poden permanecer anos pendentes de solución.

Desde o Concello insisten en que entre as prioridades do actual executivo está  atender cuestións básicas de mantemento urbano e resolver problemas enquistados que afectan tanto á actividade económica como á calidade dos servizos que recibe a cidadanía.

Multimedia

  • O Concello elimina o socavón de grandes dimensións na rúa dos Carros que levaba dende 2023 cortando parte da calzada desta vía do CEAO

Noticias relacionadas