Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

Mércores, 12 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; acompañada pola concelleira de  Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde; recibiu na Casa do Concello a 15 persoas usuarias do Centro de Día Antonio Gandoy. No encontro, a rexedora expresou a súa ilusión por recibir a visita “de quen foron e son tan importantes para que a xeración actual poida gozar duns dereitos e un estado de benestar polo que eles loitaron”. Alvarellos e López Racamonde percorreron xunto aos usuarios e usuarias do centro de día diferentes estancias municipais e remataron o encontro convidando aos presentes a unha nova visita “á Casa do Concello, que é a casa de todos e todas as lucenses”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy
  • Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

Noticias relacionadas