Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Desenvolvemento local
Mércores, 12 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos e Olga López Racamonde reciben no Concello a persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; acompañada pola concelleira de  Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde; recibiu na Casa do Concello a 15 persoas usuarias do Centro de Día Antonio Gandoy. No encontro, a rexedora expresou a súa ilusión por recibir a visita “de quen foron e son tan importantes para que a xeración actual poida gozar duns dereitos e un estado de benestar polo que eles loitaron”. Alvarellos e López Racamonde percorreron xunto aos usuarios e usuarias do centro de día diferentes estancias municipais e remataron o encontro convidando aos presentes a unha nova visita “á Casa do Concello, que é a casa de todos e todas as lucenses”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-e-olga-lopez-racamonde-reciben-no-concello-persoas-usuarias-do-centro-de-dia