
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros do Goberno municipal participaron este sábado na praza de Conde Fontao, diante da Estación de Tren, na concentración convocada pola plataforma Lugo, non perdas o tren, que baixo o lema Día da maleta, reclamou melloras na estación e nos servizos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este venres os diplomas aos 30 bombeiros de Lugo que realizaron un curso sobre rescates en altura ao longo da primavera.

A Ronda da Muralla será zona con limitación a 30 kilómetros por hora e prioridade ciclista no carril dereito.

Unha vintena de estudantes de segundo curso do Grao de Enxeñaría Civil coñeceron este martes as instalacións da Sala de Control de Tráfico da Policía Local.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu este martes a Madrid para participar na Comisión de Seguridade e Convivencia que organizou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), onde se deron cita distintos rexedores de diferentes puntos do territorio.

O Concello de Lugo vén de instalar unha banda elevada reductora de velocidade na rúa Serra Gañidoira, no barrio da Residencia, co obxectivo de controlar o tráfico existente nesta rúa e para garantir a seguriade vial da veciñanza.
A vicevoceira municipal, Carmen Basadre, informou este mércores de que a Xunta de Goberno aprobou sacar a contratación a humanización da Praza Agro do Rolo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer este martes un “gran paso en materia de modernización para o corpo da Policía Local”.

Ampliar a formación dos axentes da Policía Local en protección de medio ambiente. Este é o obxectivo do curso que acolle dende onte e ata este xoves a aula de formación das instalacións municipais de Sanfiz, no que participan máis de 20 efectivos.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, participou este luns, diante da Xefatura Provincial de Tráfico, no minuto de silencio organizado pola unidade de vítimas de accidentes de tráfico, para conmemorar o Día mundial en recordo destas vítimas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- …
- seguinte ›
- última »