O Concello informa de que mañá, mércores 21 de setembro, os autobuses urbanos serán gratuítos para todos os pasaxeiros durante todo o día, unha medida coa que se trata de contribuír a fomentar o uso do transporte público colectivo, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade.
O Concello de Lugo vén de iniciar as obras de consolidación do Cuartel de San Fernando, catalogado como Ben de Interese Cultural en xullo de 2009, unhas tarefas encamiñadas a dar seguridade e garantir a conservación do edificio.
O Concello comezou este luns a instalar preto de sesenta prazas gratuítas de aparcamento para estacionar bicicletas en varios puntos do casco histórico da cidade, en conxuntos de 2 e 4 prazas cada dispositivo, co obxectivo de pór a disposición dos usuarios deste medio un aparcadoiro seguro para a
O Concello de Lugo reforzará nas noites da vindeira fin de semana con máis efectivos da Policía Local, a maiores dos servizos habituais, a presenza policial no casco histórico para garantir a convivencia cidadá.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes unha reunión con membros da Policía Local e Protección Civil para ultimar os preparativos para recibir mañá a Volta Ciclista a España, co fin de coordinar e definir os derradeiros detalles da proba deportiva ao seu paso pola cidade e garantiza
“Un servizo público non ten porque ser rentable, se é moito mellor, pero non é a finalidade da prestación de dito servizo”. Así de contundente foi este luns a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre as informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre o servizo do bus urbano en Lugo.
Lugo será o epicentro da Volta Ciclista a España, que comezou este mesmo sábado, o vindeiro mércores 24 de agosto durante 16 quilómetros.
O Concello de Lugo reforzará na vindeira fin de semana con máis efectivos da Policía Local, a maiores dos servizos habituais, a presenza policial na zona da Piringalla e Milagrosa para garantir a seguridade e a convivencia cidadá.
O Concello de Lugo lamenta profundamente o falecemento da veciña luguesa de 87 anos, acontecido nun tráxico suceso ás 14:00 horas do día de onte, na intersección da rúa Pontevedra coa rúa do Freixo, consecuente dunha manobra dun furgón de atestados da Policía Local.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores a toma de posesión de dous novos Policías Locais de Lugo, Juan Manuel Barreiro Vigo e Javier Arias Ferrería.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- …
- seguinte ›
- última »