O Concello reforza a presenza da Policía Local no casco histórico para garantir a convivencia cidadá

Durante as noites da próxima fin de semana haberá máis axentes dedicados á vixilancia nesta zona da cidade debido ao pasado botellón

Mércores, 07 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo reforzará nas noites da vindeira fin de semana con máis efectivos da Policía Local, a maiores dos servizos habituais, a presenza policial no casco histórico para garantir a convivencia cidadá. Deste xeito, a entidade local realiza un maior control nesta zona da cidade debido ao pasado botellón, ademais de protexer o patrimonio, entre o que destacan tres Patrimonios Mundiais, como son a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo.

A maiores, con esta acción, o Concello pretende dar unha resposta máis rápida e efectiva ante posibles incidentes, ao tempo que se evitan os mesmos polo efecto disuasorio da presenza dos axentes.

Ademais, este asunto abordarase na próxima reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se solicitará unha maior presenza dos axentes da Policía Nacional, que están encargados de velar pola seguridade cidadá.

Noticias relacionadas