O Concello reforza a presenza da Policía Local na Piringalla e na Milagrosa para garantir a seguridade e a convivencia cidadá

Durante as noites do vindeiro venres, sábado e domingo haberá unha patrulla máis dedicada a vixilancia e control do tráfico nestes barrios

Xoves, 11 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Foto de arquivo dunha reunión mantida entre a Alcadesa e o Xefe da Policía Local

O Concello de Lugo reforzará na vindeira fin de semana con máis efectivos da Policía Local, a maiores dos servizos habituais, a presenza policial na  zona da Piringalla e Milagrosa para garantir a seguridade e a convivencia cidadá. Deste xeito, a entidade local da resposta ás demandas dos veciños que pedían maior control na zona debido ás infraccións de tráfico cometidas nestes barrios.

Ademais, con esta acción, a entidade local pretende dar unha resposta máis rápida e efectiva ante posibles incidentes ao tempo que se evitan os mesmos polo efecto disuasorio da presenza dos axentes.

Noticias relacionadas