
O Executivo de Paula Alvarellos aprobará mañá na Xunta de Goberno Local a delimitación como Contorna Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) da Milagrosa e o Barrio Feijoo.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, asistiu á presentación do Plan Director do Corredor Atlántico en Galicia que se celebrou esta mañá na Coruña.

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, presentou, xunto coa edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e representantes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo o ciclo "O conservatorio na rúa", co que desde a área de Cultura e o Con

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que está aberto o prazo de solicitude de prazas para a Escola Municipal de Música para o curso 2024-2025.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que veñen de comezar os traballos de bacheo en distintas zonas da cidade.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou este martes na gravación dun documental, posto en marcha pola fundación holandesa Built by Nature, unha das entidades promotoras da rede Mass Madera á que pertence o Concello de Lugo.

A alcaldesa de Lugo Paula Alvarellos, acompañada pola edila responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou esta mañá as tarefas de acondicionamento que se están levando a cabo na contorna do circuíto Jorge Prado de cara a proba do campionato do m

A I Liga de Oratoria Intercentros promovida polo Concello, a través da Área de Xuventude, terá lugar do 10 ao 12 de maio e reunirá a seis centros educativos da cidade: IES Muralla Romana, CPR Maristas; IES Ollos Grandes; FEC San José, IES Lucus Augusti e CPR Franciscanos.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron esta mañá na Casa do Concello un protocolo de cooperación que permitirá poñer en valor a antiga Fábrica da Luz e a súa contorna, recuperando así este emblemático complexo p

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, acudiu ao acto de renovación de mandato de Gonzalo Francisco Fernández Suárez como decano da Facultade de Humanidades da USC.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »