Abre o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música

Maite Ferreiro destacou o papel da ESMU "que garante que todas as persoas poidan entrar no mundo da Música independentemente do seu poder adquisitivo".

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 7 de xuño.

Mércores, 15 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abre o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que está aberto o prazo de solicitude de prazas para a Escola Municipal de Música para o curso 2024-2025. A concelleira de Cultura afirmou que a Escola de Música "garante que todas as persoas poidan entrar no mundo da Música independentemente do seu poder adquisitivo", e destacou a "ampla oferta formativa" do centro.

A Escola ofertará neste curso clases de Clarinete, Saxofón, Gaita, Fagote, Trompa, Trompeta, Trombón, Bombardino e Tuba, Percusión e Piano, que terán unha duración de 30 minutos e serán individuais ou de 60 minutos comartidas. No bloque B ofertarase tamén Música e Movemento, para nados no ano 2019 e 2020, Formación Básica, grupo 1 para nados en 2018 e grupo 2 para nados en 2017, e o curso 1 de Linguaxe Musical, para nados entre 2009 e 2016, xunto cos cursos 2 a 6 de Linguaxe Musical para nados entre 2009 e 2015 e todos os cursos para adultos.

As persoas interesadas poden presentar a documentación requirida ata o vindeiro 7 de xuño, preferentemente por medios telemáticos, no rexistro xeral do Concello, ou de maneira presencial solicitando cita previa no 982 297 350 nos rexistros do Concello ou da propia Escola, ademais de poder presentarse nos rexistros de outras administracións.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a matrícula da Escola Municipal de Música | Descargar mp3

Noticias relacionadas