O Concelleiro de Educación, Manuel Núñez, informou de que este venres tomaron posesión tres conserxes de colexio público, que se incorporarán ao seu posto de traballo o luns, para o inicio do curso escolar, aos centros de ensino do Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e As Gándaras.
O Goberno vai poñer remedio aos asolagamentos na Avenida da Coruña, concretamente na zona emprazada entre os números 306 e 362, onde se producen frecuentes bolsas de auga por mor de choivas intensas, e de xeito especial, na contorna da gasoliñeira e na intersección coa rúa Ferreiriño.
O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este xoves da licitación dunha nova obra do Plan de Barrios que, dotado con 2,5M€, o Goberno puxo en marcha grazas aos Orzamentos que logrou sacar adiante.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e a pedagoga da Casa da Muller, Belén Regueiro, presentou este xoves o Programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero, que
O Concello de Lugo convoca para o vindeiro luns, 3 de setembro, coincidindo co inicio do curso 2018-2019 nas escolas infantís municipais, unha xuntanza coas familias dos nenos e nenas matriculados nalgunha das catro escolas que creou e que mantén o Concello.

A Xunta de Goberno aprobou este mércores a modificación puntual do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (PEPRI) do rueiro 214A, isto é, en fronte á porta de San Pedro, na confluencia da rúa San Roque, a Ronda da Muralla, Montero Ríos e Carril das Flores.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, comprobou in situ este martes as tarefas de acondicionamento da rúa Flor de Lis, no barrio da Abella, unhas obras cun orzamento de 54.000 euros, achegado polo Goberno do Concello e o da Deput
O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, vén de asinar o decreto de adxudicación dun contrato menor por valor de 16.502,39€ co fin de optimizar o funcionamento do tanque de tormentas da Garaballa a través da súa limpeza a fondo e a implementación de melloras tecnolóxicas, relativas

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou este luns as tarefas que o Concello está acometendo na rúa Armórica, por mor dun escape de auga na rede de abastecemento.
O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou as tarefas de renovación da rede de abastecemento na rúa do Teixo, no barrio de Fingoi, que acometerá o Goberno dentro do Plan de Barrios.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- …
- seguinte ›
- última »