- Tema
Luns, 27 de agosto de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou este luns as tarefas que o Concello está acometendo na rúa Armórica, por mor dun escape de auga na rede de abastecemento.
O Concello tomou a decisión de anular a acometida de auga que vai pola calzada e trasladala á que vai pola beirarrúa, co obxeto de garantir o servizo público aos veciños e veciñas da contorna. Deste xeito, inutilizarse a acometida da rúa, solucionando o escape, e darase servizo á veciñanza a través da que vai por unha das súas marxes. Estes traballos rematarán ao longo do día de hoxe. Posteriormente pecharanse as zanxas e nos vindeiros días procederase ao asfaltado da zona.