Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello dá solución ao escape de auga da rúa Armórica

O Concello dá solución ao escape de auga da rúa Armórica

  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 27 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
P8271347

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou este luns as tarefas que o Concello está acometendo na rúa Armórica, por mor dun escape de auga na rede de abastecemento.

O Concello tomou a decisión de anular a acometida de auga que vai pola calzada e trasladala á que vai pola beirarrúa, co obxeto de garantir o servizo público aos veciños e veciñas da contorna. Deste xeito, inutilizarse a acometida da rúa, solucionando o escape, e darase servizo á veciñanza a través da que vai por unha das súas marxes. Estes traballos rematarán ao longo do día de hoxe. Posteriormente pecharanse as zanxas e nos vindeiros días procederase ao asfaltado da zona.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-da-solucion-ao-escape-de-auga-da-rua-armorica