A Xunta de Goberno aprobou este mércores adxudicar unha nova obra de mellora das infraestruras da cidade, neste caso a renovación da rede de abastecemento da Ronda de Fingoi por importe de 182.100 euros.
O Concello de Lugo, a través do servizo de augas, informa de que o vindeiro martes, 6 de outubro, acometeranse na Calzada das Gándaras, en concreto á altura da rúa Venancio Senra, obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade.
A Xunta de Goberno acordou este mércores a adxudicación dun novo paquete de obras de pavimentación de rúas da cidade, neste caso de 6 vías por valor de 364.000€.
O Concello de Lugo implícase coa sétima edición de limpeza simultánea de cauces fluviais Móllate polos ríos, que se celebrará este domingo, 27 de setembro a partir das 10:00 horas.
O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, avanzou este mércores que o plan de roza das estradas do rural estará rematado a finais deste mes de setembro.
O Concello de Lugo aprobará na Xunta de Goberno Local deste mércores a adxudicación de obras de pavimentación nas rúas da principal zona industrial de Lugo, o polígono do Ceao.
O Concello de Lugo está a acometer o desbroce do monte de titularidade municipial colindate coa parcela do HULA, anexa á zona este do hospital.
A primeira quenda de participantes no proxecto Lucus Mundi, unha iniciativa impulsada polo Concello de Lugo con fondos da UE que ofrece a estudantes lucenses prácticas laborais en países europeos, parte entre esta semana e a que vén cara Italia, Irlanda e Austria.
As Casas das Linguas do Concello de Lugo ofertarán como novidade a vindeira temporada italiano e alemán para adultos. Estes obradoiros súmanse aos de inglés, francés e alemán, aos que se apuntaron o pasado curso preto de 500 alumnos e alumnas.
O Concello de Lugo, facéndose eco das demandas dos veciños, esixiralle ao Ministerio de Fomento que corrixa as deficiencias das vías de servizo da A-54 nas parroquias de Coeo, Nadela, Soñar, Monte de Meda, Bazar, Esperante, Coeses e Santiago de Sáa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- …
- seguinte ›
- última »