Nas tarefas de limpeza, que afectan a 10.000 m2, inteveñen un tractor mecánico e unha quincena de operarios
Luns, 07 de setembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo está a acometer o desbroce do monte de titularidade municipial colindate coa parcela do HULA, anexa á zona este do hospital. Nestas tarefas, coordinadas polas Concellería de Deportes e Infraestruturas Urbanas e pola Concellería de Zona Rural, intervén un tractor mecánico e unha quincena de operarios.
A entidade local acomete estes traballos de roza e desbroce, que estarán rematados ao longo do mes de setembro, co obxectivo de diminuír o risco de incendio forestal.