A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou unha Xunta de Voceiros para mañá luns, 25 de xaneiro ás 10:00 horas, para darlle a coñecer ao resto de grupos da Corporación o borrador do proxecto de Orzamentos para o exercicio económico do 2016 elaborado polo Goberno Municipal.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, espera ter finalizado no mes de setembro o proceso de actualización das ordenanzas fiscais do 2017, que comezaron a debaterse este martes na primeira mesa de traballo convocada para este fin pola edil cos grupos políticos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, déronlle a benvida este sábado á Federación Galega de Xoves Empresarios-AJE Galicia ao CEI-Nodus, onde o Concello lle vén de ceder a este colectivo un espazo para implantar a súa sede e

O concerto do acordeonista Nicola Tanaskovic, incluído no ciclo Músicas a carón da Mosqueira, abrirá o mércores 20 de xaneiro no auditorio da Casa do Saber de Lugo a programación de actividades organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural para o ano 2016, unha oferta que incl
Cumprindo co seu compromiso, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, convocou aos cinco grupos políticos da oposición á primeira mesa de traballo sobre as ordenanzas fiscais do 2017.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, expuxo este martes aos membros do Consello Económico e Social (CES) o proxecto Muramiñae: Da Muralla ao Miño, co que o Concello opta aos fondos europeos de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado (DUSI) co fin de desenvolver actuacións para integrar

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este luns a candidatura coa que o Concello aspira aos fondos europeos de Desenvolvemento Urbano, Sostible Integrado (DUSI), un proxecto “ambicioso e atractivo” que responde ao modelo de cidade “verde, sostible, integradora e moderna” que o Goberno local
Lugo acollerá o final da 5ª etapa da Volta Ciclista a España 2016 o 24 de agosto tras 170 quilómetros de recorrido, segundo anunciaron os propios organizadores desta proba deportiva na súa presentación oficial no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, á que asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara

O Concello optará a novos fondos europeos para o desenvolvemento da cidade.

Máis de 13.500 persoas levan viaxado de balde nas 4 liñas de autobús urbano que o Concello facilita de xeito gratuíto dende o pasado 22 de decembro ao centro da cidade para incentivar as compras no comercio local, o que supón un 1% máis con respecto do mesmo período do pasado ano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- …
- seguinte ›
- última »