
O Concello de Lugo celebrará o seu primeiro Pleno Extraordinario de carácter telemático este xoves, ás 17:00 horas. Unha sesión á que o Goberno de Lara Méndez levará, para a súa aprobación, o remanente de 5 millóns de euros correspondentes ao Plan Reanima Lugo.

O Goberno de Lara Méndez porá en marcha unha nova iniciativa encamiñada a paliar os efectos da alerta sanitaria, especialmente entre os pequenos comercios e autónomos de Lugo, entre os máis afectados polo brote de COVID-19.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, indicou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal permanecerán abertos durante o xoves e o sábado da semana santa no seu horario habitual.

O goberno de Lara Méndez abonou, durante o pasado mes de marzo 7’7 millóns de euros aos provedores municipais. En total, 2.184 facturas que se tramitaron dende o departamento económico do Concello baixo a premisa de despachar coa máxima dilixencia os pagos pendentes.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, inaugurou hoxe, a través de videoconferencia, a quinta edición do programa Inicia Coworking, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza pon en marcha o servizo de compra a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal.

Baixo o lema ‘Botámoste de menos... e queremos verte moi pronto’, o Concello de Lugo, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, lanza unha campaña de marketing pensando no día despois da crise sanitaria para apoiar ao comercio local.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou o Mercado Municipal e a Praza de Abastos, onde se veñen de colocar dispensadores de xel de alcohol.

O goberno de Lara Méndez solicítalle ao Sergas a gratuidade do aparcadoiro do Hula, como mínimo, ata que remate o Estado de Alarma.

O Goberno de Lara Méndez pon en marcha novas medidas de apoio ao sector produtivo da cidade, tamén a nivel informativo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- …
- seguinte ›
- última »