
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Vello Cárcere acollerá o IV Festival de Poesía das Lupercais, "unha das iniciativas máis relevantes do panorama poético lucense na actualidade", afirmou.

A cidade de Lugo sumouse hoxe á celebración do 25 de abril, Día da Revolución dos Cravos, cun canto popular aberto do Grândola, Vila Morena, dirixida por Bruno Villamor e Fernando Gómez Jácome, referentes no ámbito coral da cidade.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, puxo en valor “o papel da Universidade a Distancia en Lugo, como un referente da formación de calidade e esencial para avanzar na aposta pola educación pública, e con elo contribuír a unha sociedade máis igualitaria”.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu, xunto á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá, para avanzar na integración do Concello de Lugo no sistema VioGén, de protección e seguimento das vítimas de violencia de xénero, mediante a sinatura d

Esta mañá celebrouse no salón de plenos da Casa do Concello unha Reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade na que se acordou a inminente colaboración entre a Administración Xeral do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o

O Concello de Lugo informa de que, a partir do vindeiro luns 28 de abril, procederase ao corte provisional do carril esquerdo da Ronda da Muralla, nun pequeno tramo comprendido entre Nicomedes Pastor Díaz e a Rúa Castelao, co obxectivo de habilitar unha zona de acopio de

Dúas persoas detidas en menos de 24 horas en actuacións distintas por delitos contra a autoridade e o patrimonio. A rápida intervención e o compromiso dos axentes permitiron garantir a seguridade das vítimas e de terceiros en ambas situacións.

As concelleiras Cristina López e Iria Buide asistiron ao Concurso Coreográfico 2025, organizado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, guiou no Vello Cárcere de Lugo o acto de presentación do poemario 'Maldita eternidade', obra de Manuel Vázquez e gañadora do VI Premio Eduardo Pondal.

O concelleiro responsábel de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, trasladou á Xunta de Galiza a reclamación da veciñanza de Castelo para acondicionar a marquesiña do transporte público.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- …
- seguinte ›
- última »