Presentación do libro 'Maldita eternidade' de Manuel Vázquez

Xoves, 24 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación do libro 'Maldita eternidade' de Manuel Vázquez

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, guiou no Vello Cárcere de Lugo o acto de presentación do poemario 'Maldita eternidade', obra de Manuel Vázquez e gañadora do VI Premio Eduardo Pondal. Durante o acto, Ferreiro destacou a importancia de apoiar a creación literaria e de dar visibilidade a voces que reflexionan sobre realidades sociais complexas.

“É unha honra para Lugo acoller a presentación dunha obra que nos convida a pensar sobre as condicións de vida de moitas persoas, e que o fai desde a sensibilidade poética”, sinalou a concelleira. Tamén agradeceu ao autor e á editorial Medulia o seu compromiso coa cultura e coa palabra escrita en lingua galega.

O evento contou cunha destacada participación de público, que se achegou a coñecer este novo traballo literario que, segundo o propio autor, nace da observación das realidades precarias que moitas persoas padecen no seu día a día.

Multimedia

  • Presentación do libro 'Maldita eternidade' de Manuel Vázquez
  • Presentación do libro 'Maldita eternidade' de Manuel Vázquez

Noticias relacionadas