A xornalista Ángeles Caso ofreceu esta tarde, no Círculo das Artes, unha conferencia sobre a vida dun grupo de mulleres que escaparon ás normas e trataron de desenvolver a súa intelixencia e o seu talento, pero ás que a historia postergou ao silencio dentro do ciclo Xornalismo do Século XXI encadrado na programación cutural organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.
Caso naceu en Xixón nunha familia, preocupada pola cultura, o que lle inculcou en certa forma a súa vocación.
A segunda xornada do XXXVI Curso de Saúde Ambiental. Congreso Provincial de Medio Ambiente, co que colabora o Concello de Lugo, centrouse no análise da calidade das augas como elemento crítico para a saúde e o desenvolvemento sustentable da provincia de Lugo.
Ao longo da tarde un total de sete relatores deron conta das súas teorías sobre a auga na provincia:
O prazo para inscribirse nos concursos preparados pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, para a edición de Arde Lucus 2008 remata o vindeiro venres 6 de xuño.
Como en anos anteriores haberá concursos con premios para decoración de fachadas dentro de muralla -dende o 16 de xuño-, personaxes romanos e celtas e campamentos -para grupos ou individuais, infantil e adultos-. O desfile será o día 20 de xuño na Praza Maior a partir das 20:00 horas.
Os premios irán dende os 300 euros ata os 1.000, e diferentes agasallos como un mp4 ou unha cámara dixital.
O Concello de Lugo recibiu do Instituto Galego de Vivenda e Solo o primeiro pago de tres millóns de euros polos terreos para o desenvolvemento do Plan sectorial do Parque Empresarial de As Gándaras, que se fixo efectivo coa sinatura da acta de pagamento entre o mandatario municipal, José López Orozco, e Xestur Lugo.
A raiz dun convenio asinado no mes de outubro, entre o Concello de Lugo e a Consellería de Vivenda, esta última obtén por expropiación forzosa e por mutuo acordo 1.413.722 metros cadrados de solo, a cambio de 14.166.577,69 euros que pasarán ao Concello en catro praz
Mañá martes, 3 de xuño, terá lugar no auditorio do Conservatorio Profesional de Música a partir das 20:30 horas un novo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
Este pasado sábado 24 de mayo se disputó en el Centro Deportivo Terra la cuarta jornada del IX Torneo de fútbol sala de prebenjamines “Escuela Terra” que está organizado por la Fundación Azkar, Prone Lugo AD y la Escuela de fútbol sala Terra y en el cual colaboran el Excmo. Ayuntamiento de Lugo y el Colegio de Árbitros de Lugo y que cuenta con el patrocinio de Transportes Azkar y Cocacola.
Dende o 5 de abril, o Servizo Municipal de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, ven realizando, baixo o título de Iníciate á Fama, unha actividade de baile destinada a mozas e mozos lucenses como unha alternativa de ocio para as tardes dos sábados.
Mañá, 31 de maio, as 50 rapazas e rapazes que participaron nesta actividade, realizarán baixo a coordinación dos profesores da escola de baile Star Dance, unha exhibición final a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Cada un dos grupos inscritos realizarán
A Casa da Música que depende da Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, continúa coa súa programación de concertos para as fines de semana.
Mañá, sábado 31 de maio, a partir das 15:30 horas, terá lugar o II Trofeo Aire Libre Arco Muralla no campo de fútbol de o Ceao. Esta proba foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Adrián Paderne, representante do Club Arco Muralla.
O Concelleiro indicou que nos últimos anos se viu en Lugo un auxe do tiro con arco, un deporte en principio minoritario, que se está volvendo máis accesible grazas á Escola Municipal e ao apoio dado aos clubs.
Dez representantes de prensa brasileira achegáronse estes días a coñecer a cidade, nunha viaxe de familiarización organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. O obxectivo desta visita é dar a coñecer ao mercado turístico brasileiro os recursos cos que conta o municipio e o Camiño Primitivo de Santiago, unha aposta turística que chama moito a atención en América do sur.
Nesta viaxe os xornalistas coñeceron a cidade de Lugo, a súa Muralla, os museos cos que conta a capital e o novo Centro de Interpretación da Muralla.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1700
- 1701
- 1702
- 1703
- 1704
- 1705
- 1706
- 1707
- 1708
- …
- seguinte ›
- última »