
O Concello de Lugo informa da necesidade de realizar un cambio temporal na ordenación do tráfico dentro das obras do proxecto Corazón Verde no entorno da praza de Santo Domingo.

O programa +XTÍ, impulsado pola área de Xuventude do Concello de Lugo e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas, organizará no mes de xullo actividades de aventura abertas a toda a mocidade.

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, participou en Allariz na xornada Os concellos galegos: un papel fundamental na alimentación local sostible.

O Campus Atlético de Madrid aterra en Lugo, por primeira vez, grazas á colaboración da área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, que dirixe Jorge Bustos; coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ante o incremento de ciberataques nas empresas e nas distintas administracións, o Concello de Lugo está a avanzar na prevención da piratería informática para minimizar riscos ante eventuais ataques.

O Executivo de Paula Alvarellos presentou a súa candidatura á cuarta edición dos distintivos Bandeira Verde de Galicia, unha iniciativa creada no ano 2020 que busca distinguir aos concellos galegos máis dinámicos no eido medioambiental, desenvolvendo boas prácticas para

Detención por violencia de xénero

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, valorou esta mañá o éxito de participación da XXIII edición do Arde Lvcvs. “No seu segundo ano como festa de Interese Turístico Internacional, o Arde Lvcvs consolida a súa proxección máis aló das nosas fronteiras.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria da 22ª edición do certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo, que este ano se celebrará o domingo 14 de xullo.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Benestar Social e Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, financiará as dez prazas no campamento que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Lumieira, destinadas a menores de entre 4 e 14 anos con algún tipo de discapacidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- …
- seguinte ›
- última »