
Detención por violencia de xénero
A madrugada do día 16 de xuño, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo na Porta Santiago, observa a unha muller atemorizada, chorando e moi nerviosa, a cal manifesta que un home do que ten unha orde de afastamento está a perseguila, sinalando coa man a esta persoa, saíndo correndo cara á Muralla.
Os axentes proceden á identificación do home, comprobando que dita orde de afastamento non está en vigor, pero uno dos policías logra acougar á muller, a cal lle relata que eran parella e que estiveron a cear nun restaurante da Praza do Campo, onde comezou unha discusión, índose el ao baño, momento en que unha moza que estaba na mesa de á beira, entregoulle un papel co seu nome e teléfono para ofrecerlle axuda.
Xa na rúa empuxáraa contra a parede, logrando saír correndo ata ver aos axentes.
Os policías proceden á identificación das testemuñas que manifestan que o home se dirixía a ela en ton elevado e violento e que lle impedía ir ao servizo, sacándoa do local con violencia ao suxeitala e empuxala.
Por todo o relatado procédese á detención desta persoa, de 47 anos de idade e veciño desta cidade, por un delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.
Conduta incívica
Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, sorprende na Avenida de Madrid a un home que no medio da calzada rompe un coxín derramando todo o recheo na vía pública e na zona axardinada, sendo identificado, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

