
A concelleira de Cohesión Territorial, Ana Abelleira, supervisou os labores de arranxo de varias tubaxes que se atopaban deterioradas no lavadoiro de Poutomiños.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu esta mañá unha nova xuntanza da Comisión de Festas, onde se valoraron os avances avances realizados de cara á organización do San Froilán 2024.

A actividade foi intensa desde primeiras horas da mañá por parte dos servicios municipais do Concello de Lugo, encargados de comezar cos traballos de instalación da rampla de acceso ao río Miño.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, e polo Inspector, José Manuel Río Espiño, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de dous novos axentes que se incorporarán á Administración local en comisión de servizos.

A prospección realizada esta mañá na zona do río na que está prevista a instalación da rampla deu como resultado a aparición doutros dez exemplares que se trasladaron a unha das zonas reservadas para acoller a estes moluscos, e que foi acordada previamente.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo esta mañá unha reunión con máis de sesenta veciñas e veciños, integrantes da plataforma ‘Lugo...non quere cheiros’, que levan meses mobilizados en contra da instalación de planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización en Coeses.

Acampada sen autorización

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, anunciou que o Goberno de Lugo iniciará na semana do 2 de setembro as actuacións de renovación do asfalto en 3 viais da contorna da Avenida Breogán.

O Executivo de Paula Alvarellos colabora un ano máis coa feira da cerveza artesá Arde Lúpulus que reunirá, dende mañá xoves ata o vindeiro domingo, na Praza de Santa María a máis dunha decena de produtores chegados dende varios puntos da xeografía española.

O Executivo de Paula Alvarellos formará a 20 lucenses no ámbito sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas dependentes en institucións sociais e a promoción e intervención socioeducativa con persoas con diversidade funcional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- …
- seguinte ›
- última »