
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe no Concello a un grupo de 12 estudantes e 2 profesoras da Humboldt Schule de Leipzig, que participan nun intercambio co IES Lucus Augusti.

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta do Goberno Local deste mércores a licenza urbanística da Casa da Torre, o que supón o último paso para iniciar a rehabilitación do coñecido tamén como Hospital de San Miguel, na entrada da Porta Miñá ou do Carme.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto recibiron esta mañá na Casa Consistorial a unha delegación do distrito barcelonés de Nou Barris, encabezada polo concelleiro Xavier Marcé.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas, achegáronse ata a rúa Otero Pedrayo, onde o Goberno de Lugo está a renovar o asfalto da interesección desta rúa coa avenida da Coruña.

Controis de alcoholemia e drogas

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou este venres na Noite Europea das Persoas Investigadoras, G-Night, organizada polo Campus Terra, a través de XuvenCiencia e Agromar, coa colaboración do Concello de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do San Froilán, na que se acordou incrementar a vixilancia, o control e a protección cun dispositivo especial que mellora o de pasadas edicións.

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, participou este venres no Teatro Real de Madrid no acto de entrega de diplomas ás festas de interese turístico nacional e internacional que obtiveron este recoñecemento en 2023 e 2024, organizado polo Ministerio de Industria e Turismo.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Eva Gómez, quen estivo acompañada polo presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, Isidoro Rodríguez.

A Concellería de Benestar Social e Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, recibiu preto de 2.600 solicitudes de matrícula en algunha das trinta actividades de animación sociocultural para esta tempada, que se desenvolverán en dez centros de convivencia municipais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- …
- seguinte ›
- última »