
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou á veciñanza do barrio da Milagrosa do inicio dos traballos de adaptación do novo Plan de Tráfico.

O Concello de Lugo abriu o prazo para que as empresas interesadas no subministro de material para a execución das obras do Plan de Emprego Muramiñae Rehabilita presenten as súas ofertas.

O Concello de Lugo acometerá, de forma subsidiaria os labores de desentullo no inmoble número 48 da Rolda da Muralla, co fin non só de garantir a estabilidade do edificio senón tamén a seguridade de toda a cidadanía.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse esta mañá cos xefes de servizo do Concello para avanzar a folla de ruta para a modernización da Administración, e agradeceulles o traballo realizado durante esta pandemia.

A área de Deportes investirá 349.593’2 euros na renovación do céspede artificial dos campos de fútbol das Gándaras.

A área de Medio Rural informa de que esta mesma semana deron comezo as obras para completar a rede de abastecemento na parroquia de Orbazai.
Intervención en establecemento público

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse esta mañá ao quiosco da ONCE sito na Praza Santo Domingo acompañada do Xestor Comercial da axencia en Lugo, Ramón Portela, para saudar a Montserrat López, vendedora que retomou a súa actividade laboral no día de hoxe.

A área de Medio Ambiente vén de subsanar estes días varias deficiencias localizadas na rede de saneamento que atravesa a traza do Camiño Primitivo ao seu paso pola Rolda do Carme e a Calzada da Ponte.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe os programas Aulas Abertas e Aprende Xogando para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, que “ante as circunstancias excepcionais derivadas da pandemia, se desenvolverán cunha novidosa formulación, xa que deben combinar a necesidade do
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- 588
- …
- seguinte ›
- última »