Intervención en establecemento público
Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron, sobre as 2,00 horas do día 16 de xuño/20, unha inspección nun establecemento do Distrito da Milagrosa onde se levantou acta de infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas por reproducir música desde o teléfono móbil da titular á televisión do local, sendo amplificado e escoitándose a música desde o exterior en ton moi alto, cando o establecemento é da categoría café-bar e ten prohibido a reprodución musical.
Así mesmo os axentes levantaron acta de infracción á Lei de Saúde Pública de Galicia ao detectar que unha camareira do establecemento realizaba o seu traballo sen usar a máscara de protección.
Hai que lembrar que a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do @Consello de la Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, establece en canto ás medidas de hixiene e prevención na prestación do servizo nos establecementos de hostalería e restauración que “O persoal traballador que realice o servizo en mesa e en barra deberá procurar a distancia de seguridade co cliente e aplicar os procedementos de hixiene e prevención necesarios para evitar o risco de contaxio. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para o persoal destes establecementos na súa atención ao público”.
Auxilio a cidadáns
Sobre as 10,30 horas do día 15 de xuño/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo localizan na rúa dás Fontes un neno de 7 anos que estaba perdido pois dixo que saíra da súa casa e que ía en busca da súa nai.
Unha vez localizada á nai manifestou que o neno quedara a cargo dunhas compañeiras de piso mentres que estaba a traballar, ausentándose o neno por un descoido das súas coidadoras.
Ao final o neno quedou en custodia da súa nai, sen que se producise outra novidade.