
O Executivo de Paula Alvarellos reafirma o seu compromiso co benestar animal cunha achega para o ano 2025 de 325.000 euros, dirixida a apoiar o traballo de entidades fundamentais na protección dos animais e no control das colonias felinas.

Membros do Goberno Local sumáronse hoxe ao minuto de silencio, convocado pola Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo crime machista, ocorrido o pasado sábado en Guipúzcoa, que acabou coa vida de Leonor, de 45 anos, e nai de dúas fillas.

Membros do Goberno Local participaron esta mañá no acto polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que consistiu na lectura dun manifesto, que co lema “Baixo o mesmo paraugas” reclamou os mesmos dereitos para estas persoas e para garantir unha v

A Área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo, en colaboración con ECOLUGO, lanza un servizo pioneiro de recollida porta a porta para grandes xeradores de biorresiduos.

Pelexa en vía pública - subtracción de bicicleta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este luns os primeiros artistas e bandas que actuarán na vindeira edición do Caudal Fest, a última gran festa do verán.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na convocatoria da Subdelegación do Goberno en Lugo en repulsa pola novena vítima de violencia vicaria no que vai de ano, nun crime de violencia machista ocorrido na localidade de Linares, en Jaén.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Benestar Social e Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, que nesta ocasión permitirá visitar Monforte de Lemos, o vindeiro día 11 de decembro.

O Concello de Lugo, a través da área de Transición Ecolóxica, puxo en marcha unha nova campaña de reposición de plantas e plantación de flor de tempada en 29 espazos urbanos da cidade.

O Impulso Verde, o edificio impulsado polo Goberno Local no barrio da Garaballa e construído integramente en madeira autóctona, foi recoñecido esta mañá co Premio Mapei 2024, un prestixioso galardón co que se distingue aos grandes proxectos da arquitectura sostible.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- …
- seguinte ›
- última »