
A área de Xuventude do Concello de Lugo está a traballar para dar luz verde a unha nova edición do programa de rutas de sendeirismo polo municipio de Lugo e polo resto de Galicia, nunha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos de idade.

O Mercado Municipal de Lugo acolleu a presentación da actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitando Tango”, unha proposta enmarcada no programa Hortos Saudables.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Cohesión Territorial, está a colaborar coa ITV na instalación de tomas de terra en varias parroquias de Lugo co obxectivo de mellorar a operatividade das unidades móbiles de inspección técnica de vehículos lixeiros e agrícolas.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá no Almorzo Agrícola “Coidando da terra, coidamos da xente”, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñería Agrícola de Lugo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, realizou unha visita ás instalacións do circuíto municipal Jorge Prado, situado en Vilachá, para supervisar o inicio dos traballos de adecuación de cara á celebración do Gran Premio do Campionato do Mundo de Motocrós que terá lugar os días 10 e 11 de maio.

A área de Transición Ecolóxica vén de adxudicar o novo contrato para o control de pombas na cidade, cun importe anual de 11.916 euros (IVE incluído).

Lugo consolídase como un referente nacional no deporte de élite ao liderar o ránking de equipos por millón de habitantes, con 6 equipos nas máximas categorías nacionais.

A unidade de Medio Rural da área de Cohesión Social e Territorial vén de rematar a obra de acondicionamento e mellora da estrada municipal da parroquia de Calde e de xeito inmediato comezará outra nova intervención, no paso sobre o Rego de Pías, no cruzamento coa estrada local que comunica a igre

A primeira proba do Corre con Nós, a carreira nocturna de Ramón Ferreiro, logra récord de participantes ao pechar a inscrición cun total de 1.830 persoas apuntadas, unha cifra á que se chega por primeira vez na historia deste circuíto organizado polo Concello de Lugo e que supón, ademais, un 30 p

O vixésimo terceiro circuíto Corre con Nós ten previsto para este novo ano seis probas, a disputar entre xaneiro e xuño, con cambios de trazados nalgunhas das carreiras e máis protagonismo para determinados barrrios e contornas do municipio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »