
O Executivo de Paula Alvarellos revitaliza espazos de ocio xuvenil en Lugo a través da arte urbana. A Área de Xuventude concluíu con éxito unha actividade de pintura mural, na que máis de 15 mozos e mozas de entre 14 e 35 anos participaron produtivamente.

A área de Muller e Igualdade do Goberno local informou hoxe de que aínda é posible inscribirse no primeiro trimestre do “Aprende Xogando”, destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos e empadroados en Lugo.

Os lucenses Virtua Tennis e Galician Army protagonizarán as dúas sesións vermú que terán lugar no marco da programación do Caudal Fest nas Caldas do Miño e o Coliving Artístico do Carme.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, felicitou á firma lucense Perusiñas, instalada no CEI-Nodus, polo doble recoñecemento obtido nos premios Grate Taste Awards.

A concelleira de Turismo, Maite Ferreiro, presentou os datos rexistrados nas distintas instalacións turísticas nos meses de xuño, xullo e agosto.

O Concello de Lugo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo asinarán mañá o convenio para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e a mellora da ordenación da UI-8, unha vez que foi ratificado pola Xunta do Goberno Local do pasado día 17 de xullo.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou á música coruñesa Sés como nova confirmación da gran festa do outono galego.

A Área Caravan e Camper, situada nas costas do Parque de Rosaía, é unha das mellor valoradas entre as de acceso público das grandes cidades galegas, segundo os comentarios dos usuarios na aplicación park4night, que conta con máis de oito millóns de descargas a nivel mund

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu esta mañá unha nova xuntanza da Comisión de Festas, onde se valoraron os avances avances realizados de cara á organización do San Froilán 2024.

A actividade foi intensa desde primeiras horas da mañá por parte dos servicios municipais do Concello de Lugo, encargados de comezar cos traballos de instalación da rampla de acceso ao río Miño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »