Muller e Igualdade lembra que aínda é posible inscribirse no primeiro trimestre de ‘Aprende xogando’, para nenas e nenos de 4 a 12 anos

O programa de conciliación se desenvolve de 16.00 a 20.30 horas, en período no lectivo, e nas vacacións escolares, tamén en horario de mañá, entre as 9.00 a 14.00.

A inscrición para outubro, novembro e decembro, que seguirá aberta ata o venres, está reservada a cativos e cativas empadroadas en Lugo.

Martes, 03 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Igualdade lembra que aínda é posible inscribirse no primeiro trimestre de ‘Aprende xogando’, para nenas e nenos de 4 a 12 anos

A área de Muller e Igualdade do Goberno local informou hoxe de que aínda é posible inscribirse no primeiro trimestre do “Aprende Xogando”, destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos e empadroados en Lugo. Así o explicou a edil Ángeles Novo, quen lembrou que “este programa está orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto ás e aos menores como á propia unidade familiar, cun apoio específico ás mulleres para facilitarlles o seu acceso ao mercado laboral”. A inscrición neste programa, para os meses de outubro, novembro e decembro, aínda estará aberta ata o venres.

O Executivo de Paula Alvarellos mantén así este programa de conciliación que se desenvolve en tres locais municipais, nos centros de convivencia de Maruja e do Uxío Novoneyra, ademais de no local municipal situado na nave de Vías e Obras do parque da Milagrosa.

Co obxectivo de favorecer ao máximo a conciliación laboral e familiar, o horario deste programa será das 16.00 ás 20.30 horas, durante o período lectivo, mentres que nas vacacións escolares, tamén disporá de horario de mañá, desde as 9.00 ás 14.00 horas.  As solicitudes pódense realizar no enlace:  https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando  e efectuaranse a través do correo electrónico aprendexogando@lugo.gal. Coa solicitude, as  persoas interesadas deberan axuntar a documentación indicada nas bases.

Noticias relacionadas