
O Caudal Fest, a última gran festa do verán impulsada polo Concello de Lugo, esgotou en apenas dous días os 5.000 primeiros abonos para a súa sétima edición, que terá lugar os días 19 e 20 de setembro do vindeiro ano e que volverá a contar con bandas e artistas de referencia no panorama nacional.

O Concello de Lugo, a través da Área de Xuventude e Deportes, oferta máis de 3.500 prazas para as actividades de natación e exercicio nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras durante o curso 2024/2025.

Maite Ferreiro, concelleira responsábel de Educación, anunciou que vén de iniciarse a entrega dos vales da Concellería de Educación destinados a libros de texto e material escolar.

O Coliving Municipal do Carme acollerá este mércores, a partir das 19:30 horas, a inauguración da obra ‘Distinta, pero a mesma’ da artista lucense Sabela Eiriz.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou as instalacións da Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento onde recibiu á nova xefa de servizo, Beatriz Pérez, que vén de incorporarse recentemente a este servizo municipal.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, fixo este luns unha primeira valoración “moi positiva” da sexta edición do Caudal Fest, que reuniu a pasada fin de semana a 40.000 persoas na contorna fluvial do río Miño, acadando un 100% de ocupación hoteleira no municipio e anunciou que “xa estamos a trab

A Concellería de Xuventude e Deportes, dirixida por Jorge Bustos, presenta a programación deportiva das festas de San Froilán 2024.

Actividades culturais, deportivas e de ocio compoñen o programa da USC e o Concello para dar a benvida ao novo estudantado do Campus Terra lucense.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do director do festival, Iván Méndez, supervisaba esta mañá os últimos labores de montaxe e acondicionamento do recinto do Caudal Fest, situado na zona fluvial do río Miño, a carón do Pazo de Feiras e Congresos da cidade, que esta fin de semana ac

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu esta mañá a toma de posesión de Beatriz Pérez Traseira como nova xefa do Servizo de Educación do Concello de Lugo, nun acto ao que tamén asistiu o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »