
Ao redor dun cento de persoas déronse cita este xoves no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) para escoitar á xornalista e escritora Pilar Eyre, encargada de inaugurar a segunda edición das Catas Literarias do MIHL, organizadas polo Concello de Lugo.
Máis de 560 alumnos de 8 centros da cidade participaron durante os anos 2014 e 2015 nos talleres de prevención de violencia de xénero organizados pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o rexedor de Lalín, Rafael Cuíña, presentaron este mércores no Salón de Plenos do Concello a XLVIII Feira do Cocido, que terá lugar na Capital do Deza o 31 de xaneiro.
A asociación Pepe Barreiro en colaboración coa Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua organiza a duodécima edición do Concurso de Ferretes con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña o día 10 de febreiro.
Lugo acollerá o final da 5ª etapa da Volta Ciclista a España 2016 o 24 de agosto tras 170 quilómetros de recorrido, segundo anunciaron os propios organizadores desta proba deportiva na súa presentación oficial no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, á que asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara
Uns 6.800 patinadores pasaron pola pista de xeo instalada na Praza Horta do Seminario dende o pasado mes de decembro. A pista de patinaxe, unha actividade programada polo Concello para o Nadal 2015-2016, permanecerá aberta ata o 30 de xaneiro.

Pilar Eyre abrirá a segunda edición das Catas Literarias do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o vindeiro xoves, 14 de xaneiro, ás 20:00 horas.
Medio milleiro de persoas descubriron a historia do Nadal a través dos adornos de cristal que reúne a exposición Nadal de Cristal, organizada polo Concello de Lugo no marco da programación do Nadal dende o pasado día 17 de decembro.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, supervisaron este xoves os resultados dos traballos do plan de sinalización turística que se acometeron en 7 parroquias das dúas marxes da ribeira alta do Miño e e
A Oficina Municipal de Turismo de Lugo bate un novo récord, ao atender máis de 40.600 visitantes durante o ano 2015, máis de 2.000 visitantes que o ano anterior.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 306
- 307
- 308
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- …
- seguinte ›
- última »