O Concello de Lugo vén de reparar a biga que simboliza un carro romano situada ao fondo da Praza Maior, unhas actuacións que realizou o Consello do Ferro por mor do mal uso desta figura, ao que soamente se poden subir os máis cativos.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) segue na súa tarefa de promover as artes que se fan en Lugo, desta volta cunha exposición colectiva que baixo o título Achegando Disparidades, serve para pór de relevo a gran variedade de formas, técnicas e estilo da pintura e da fotografía
O Concello de Lugo xa comezou cos preparativos do San Froilán 2016. Tras manter a primeira reunión da Comisión de Festas o pasado 23 de marzo, a entidade local abriu unha votación popular para escoller os xéneros musicais que formarán parte do programa destes festexos.
O Concello convida aos máis cativos a ler con seis novas actividades gratuítas postas en marcha co obxectivo de fomentar a lectura entre os nenos e nenas luguesas.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) recibiu este xoves ao Premio de Novela Café Gijón 2015, Miguel Angel González, na súa cuarta cata literaria. O voceiro municipal, Miguel Fernández, presentou a este autor, que cultiva distintos xéneros, como a prosa, o verso ou o guión.

O Concello de Lugo celebrou este mércores, 14 de abril, o 85 aniversario da II República Española.
O Concello abriu este mércores o prazo para inscribirse nas 6 activiades gratuítas vinculadas ao mundo do motor e á seguridade viaria, enmarcadas dentro do programa xuvenil +Xtí de prevención do consumo de drogas, que terán lugar dende o 29 de abril ao 19 de setembro, no Polígono do Ceao e no Cir

O Concello de Lugo ofrecerá dende o vindeiro mércores 13 de abril e ata o martes 7 de xuño unha vintena de actividades de lecer alternativo para mozos e mozas de 12 a 16 anos no Castiñeiro.

O XII Curso de Primavera da USC, que se desenvolverá do 19 ao 22 abril na Facultade de Humanidades do campus de Lugo baixo o título Cultura e Humor, e o XIV Encontro Universitario de Danza Contemporánea, que presentará os días 22 e 23 de abril na caixa negra do Museo Interactivo da Historia de Lu

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres as seis novas actividades gratuítas vinculadas ao mundo do motor e a seguridade viaria, enmarcadas no programa xuvenil +Xtí, que terán lugar dende o 29 de abril ao 16 de setembro, no Polígono
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 297
- 298
- 299
- 300
- 301
- 302
- 303
- 304
- 305
- …
- seguinte ›
- última »