Os XII Xogos do Eixo Atlántico darán comezo mañá, martes 4 de xullo, cun acto inaugural na capital luguesa, que é unha das tres sedes, xunto con Sarria e Monforte de Lemos, desta nova edición do evento.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este domingo no desfile dos colexios, dentro do programa de actividades dos festexos do Arde Lvcvs, que finalizan hoxe e declarados este ano Festa de Interese Turístico Nacional.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron este sábado ás tropas e lexións estranxeiras que veñen participar no Arde Lvcvs, nun acto no fondo da Praza Maior, xusto ao lado dos fundadores de Lugo, ao que tamén a

Coa apertura simbólica das portas da Muralla de Lugo a cargo da Guardia Pretoriana deu comezo esta tarde o Arde Lvcvs MMXVII, que estrea nesta edición o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional.
Para o Goberno de Lugo estas emisións supoñen catapultar tanto ao Arde Lucus, que este ano estrea o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional, como a Lugo a distintos recunchos do territorio nacional e internacional

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,Carmen Basadre, achegouse este mércores á Casa de Galicia en Madrid, co obxectivo de convidar aos madrileños a revivir a historia de Lvcvs Avgvsti esta fin de semana.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, avanzou este martes que os festexos do Arde Lvcvs contarán nesta edición, por primeira vez, con distintas atraccións ecolóxicas infantís realizadas en madeira.

Este luns o Parque de Bombeiros conxugou pasado e presente na presentación dunha bomba hidráulica inspirada na Época Romana, que se expoñerá durante o Arde Lvcvs na Castra, no Carril dos Fornos, concretamente no campamento de Caetra Lucensium, asociación encargada da súa recreación.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, recibiu este domingo na Casa do Concello á rexedora de Mondoñedo, Elena Candia, que este ano foi a responsable de facer a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, como Delegada Oferen

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, recibiu este sábado no Salón de Plenos ao cantante lucense Edgar Bao, que é semifinalista no programa La Voz Kids con tan só 14 anos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- …
- seguinte ›
- última »